A aguia perdiceira.

Saúdos amigos:
O meu nome é Aguia Perdiceira, aínda que os meus amigos chámanme Aquila Fasciatus. Antes a miña especie chamamanlle Hieraaetus Fasciatus. Eu son un ave de rapina da familia Accipitridae, tamén son parente moi proxima da familia africana. Eu mido entre 66 a 74 cm de lonxitude. As ás dos machos miden dos 150 ó 160 cm de envergadura, pero as das femias, como as miñas, son dos 165 ós 180 cm. A nosa plumaxe da parte superior do corpo é castaño escuro e da parte inferior é abrancazada con manchas escuras. Nós temos as uñas curtas e arredondadas, a nosa cola é gris na parte superior e branca cunha banda terminal negra na parte inferior e a nosa cabeza é grande. Os nosos pés e ollos son amarelos. A maioria da nosa especie está polo sur de Europa, polo norte de África e polo sureste de Asia. O noso hábitat son as zonas secas e montañas con pucos árbores. As nosas comidas preferidas son mamíferos, aves medianas e reptiles. As veces as parellas reprodutoras cazan xuntas. A nosa tecnica de caza que máis utilízase consiste en describir círculos para logo deixarse caer sobre a presa coas ás recollidas, tamén cazamos pousados nun punto fixo e pode verse a presa e tamén facemos voos de recoñecemento a pouca altura entre os acantilados.
Bueno, isto e todo, ata pronto amigos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario